• para compartires e descargares!

    Léxico panlatino do cambio climático




    Descárgao aquí 


    Fonte da descarga: Seminario de Lingüística e Informática Universidade de Vigo


    A Rede panlatina de terminoloxía (Realiter) comprácese en presentar o Léxico panlatino do cambio climático. Este léxico foi elaborado no seo de Realiter baixo a coordinación do Bureau de la traduction do goberno do Canadá. A obra trata da terminoloxía de diversos eidos relacionados de xeito máis ou menos directo co cambio climático: os mecanismos, os axentes, as consecuencias, os elementos científicos, as medidas e análises e as estratexias para combatelo.

    Realiter foi creada no ano 1993 por iniciativa da Unión Latina e da Delegación Xeral da Lingua Francesa e das Linguas de Francia (DGLFLF) e ten como obxectivo xeral favorecer o desenvolvemento harmonizado das linguas neolatinas, dada a súa orixe común e a súa similitude nos recursos de formación léxica.

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P