- Autoría: Fernando Manuel de Almeida Alexandre, Eduardo Luis Giménez Fernández, Francisco Xavier Lores Ínsua, Philippe Polomé (coordinadores)
- Entidade: Universidade de Vigo
- Ano: 2005
- ISBN: 84-8158-281-6
- Páxinas: 370
Descárgao aquí
Fonte da descarga: Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo
A idea deste vocabulario vén de principios dos anos 90 cando un grupo bastante numeroso de galegos estabamos realizando estudos de posgrao en economía (tanto mestrías como doutoramento) na Universidade Carlos III de Madrid. Coa perspectiva da distancia, o activo e concienciado niño de galegos identificaran certas eivas para axeitadamente poder discutir de economía en galego, o que tornou en todos nós un grande interese terminolóxico. Para gañar a dignidade e o respecto da lingua precisábase loxicamente unha compilación sistemática, unha terminoloxía económica en galego, na cal poder acudir para falarmos e entendermónos. Isto semellaba fundamental, tanto para os nosos colegas economistas como para os usuarios non economistas –maiormente xornalistas e outros non especializados– de termos económicos en galego.
0 comentarios:
Enviar um comentário