• para compartires e descargares!

    Novas palabras galegas: repertorio de creacións léxicas rexistradas no prensa e Internet


    • Autoría: Varios autores
    • Entidade: Observatorio de Neoloxía e Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo
    • Ano: 2004
    • ISBN: 84-8158-284-0
    • Páxinas. 400



    Descárgao aquí



    Fonte da descarga: Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo



    Ninguén que sexa un pouco observador pode deixar de se decatar de que a nosa lingua está a sufrir unha serie de innovacións léxicas que son reflexo dun fenómeno de globalización económica, sociolóxica e tecnolóxica que Galicia vai asumindo con desigual acerto.

    Podemos afirmar que non hai día que non se rexistre unha nova palabra, un novo significado que xorde por necesidades denominativas, un novo concepto que hai que nomear, ou expresivas, unha nova forma de dicir algo. O léxico dunha lingua vai desta maneira arrequentándose, evolucionando, adaptándose, aínda que estas variacións non están exentas de perigo cando se albiscan procesos de aceptación acrítica do empréstito doutras linguas fronte á creación interna.

    A neoloxía, como campo de estudo dos fenómenos de creación léxica, tanto desde un punto de vista teórico coma aplicado, está sendo obxecto de atención polos lingüistas, xa que da descrición e análise do novo léxico poden tirarse leccións que sirvan para unha correcta planificación, especialmente en linguas en situacións de minorización.

    O galego, como calquera lingua de cultura do mundo, está creando e recibindo adoito novos significantes e significados que se poden observar e analizar cunha recollida sistemática. Nós levámolo facendo na Universidade de Vigo dende 1997 e agora presentamos unha pequena parte do noso traballo.

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P