• para compartires e descargares!

    Estudo da microtoponimia nas Mariñas lucenses e Ortegal



    • Autoría: Rosario Álvarez Cao, Alba Arias López, Óscar Castro Castedo, Vicente Feijoo Ares, Xermán García Cancela, Juan Loureiro Grandal, Gonzalo Navaza Blanco, Concepción Otero García
    • Entidade: S. A. para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia
    • Ano: 2007
    • Páxinas: 88

    Descárgao aquí


    Fonte da descarga: Toponimia de Galicia


    Unha das actuacións consideradas no proxecto COASTATLANTIC, cofinanciado pola Iniciativa Comunitaria INTERREG III B Espazo Atlántico, foi a recollida e análise da microtoponimia, é dicir, dos nomes dos lugares menores que son gardiáns da vida destes ao longo da historia e que, por moi variados motivos, corren o risco de perderse. A publicación deixa constancia da importancia do patrimonio cultural toponímico das comarcas en que se desenvolveu o proxecto (Ortegal, A Mariña Occidental, A Mariña Central e A Mariña Oriental), e debe ser contemplada nun marco global de planificación e xestión integrada do territorio. A toponimia, xunto cos valores propios de identidade e de cultura dun pobo, son fundamentais á hora da planificación e da xestión, xa que é utilizada polos distintos organismos que traballan con información do territorio (investigación, planificación territorial, estatística, turismo, catastro, rexistros da propiedade, parcelaria, etc.).

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P