• para compartires e descargares!

    VII Lingua e Usos: Lingua e Sanidade


    Este volume  recolle os textos que as persoas participantes nas VII Xornadas sobre Lingua e Usos. Lingua e Sanidade expuxeron no seu desenvolvemento aló polo mes de decembro de 2010 no salón de actos do Edificio Universitario do Campus de Oza, e que contaron, máis unha vez, coa colaboración da Real Academia Galega e co patrocinio económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
     
    Edición: Xesús M. Mosquera Carregal
    Entidade: Servizo de Normalización Lingüística, Servizo de Publicacións, Universidade da Coruña
    Data de publicación: 2011
    Páxinas: 248

    Descárgao aquí




    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P