- Autoría: Comisión de Elaboración do Plan de Normalización Lingüística da UDC
- Entidade: Universidade da Coruña
- Ano: 2006
- Páxinas: 52
Descárgao aquí
Fonte da descarga: SNL da UDC
A consideración da promoción da extensión de usos da lingua galega como un obxectivo estratéxico da Universidade precisa dunha concreción que os órganos de Goberno da UDC asumiron ao decidiren conformar unha comisión para elaborar un plano de normalización lingüística. Este plano pretende ser, nesta liña, a materialización do compromiso da Universidade da Coruña coa normalización da lingua galega en todos os ámbitos da súa competencia.
A necesidade e a oportunidade de a UDC posuír un plano de normalización lingüística deben ir acompañadas dun amplo consenso entre a comunidade universitaria, pois é conveniente que todos os membros desta fagan seu o compromiso coa promoción do uso da lingua propia da institución. O proceso de normalización da nosa lingua, como núcleo central da nosa identidade, debe implicar todas as persoas que traballan ou estudan no ámbito da UDC, pois todas poden contribuír á normalización do idioma galego.
Existe, ademais, unha importante demanda da comunidade universitaria a respecto da acción normalizadora, un feito corroborado nos diferentes estudos existentes e que a UDC debe atender, situando a extensión dos ámbitos de uso do galego, como máis un factor de calidade e de excelencia, nun plano central da política universitaria para os próximos anos.
0 comentarios:
Enviar um comentário