• para compartires e descargares!

    Terminoloxía da tradución


    _




    Descárgao aquí




    No ano 1999 saía do prelo o volume Terminologie de la traduction / Translation Terminology / Terminología de la traducción / Terminologie der Übersetzung1, baixo a dirección de Jean Delisle, Hannelore Lee-Jahnke e Monique Cormier, e co patrocinio da FIT e da CIUTI. Cando a súa presentación no XV Congreso Mundial da Federación Internacional dos Traductores en Mons lanzouse unha invitación para que fose adaptada esta Terminoloxía ó maior número posible de linguas do mundo.

    Elaborar unha versión na nosa lingua converteuse axiña nunha obriga respecto do compromiso co desenvolvemento da profesión que mantemos dende o Departamento de Traducción e Lingüística da Facultade de Filoloxía e Traducción. O lector ou a lectora ten entre as mans a resposta en galego ó chamamento á difusión multilingüe desta útil ferramenta, que aquí edita o Servicio de Publicacións da Universidade de Vigo.

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P