- Autoría: SNL da Universidade de Santiago de Compostela
- Ano: 2006
- Páxinas: 45
Descárgao aquí
Fonte da descarga: SNL da USC
O repertorio que aquí presentamos xorde coa intención de apoiar asiniciativas que a Comisión de Normalización Lingüística da Escola de Relacións Laborais está levando a cabo para promover o uso do galego no seu centro.
Optamos por elixir a área de recursos humanos pola súa gran interdisciplinariedade, pois entra dentro do ámbito de estudo de titulacións como Relacións Laborais, Administración e Dirección de Empresas, Dereito e Economía, como mínimo. Pero tamén nos axudou nesa elección o feito de poder reelaborar libremente a Terminologia oberta dels recursos humans, que o TERMCAT, Centre de Terminologia, publicou con licenza Creative Commons durante o pasado ano 2005.
O traballo de reelaboración consistiu fundamentalmente en revisar e fixar os conceptos do vocabulario fonte, determinar as denominacións galegas que lles corresponden e reestruturar a presentación do traballo de tal forma que a lingua de referencia fose o galego
0 comentarios:
Enviar um comentário