• para compartires e descargares!

    Criterios de linguaxe non sexista





    Descárgao aquí


    Fonte da descarga: Servizo de Normalización Lingüística da USC

    Introdución
    Un pai e o seu fillo ían no coche cando, de pronto, o pai perdeu o control do vehículo e esnafráronse contra un poste telefónico. O pai morreu no acto; o seu fillo quedou malferido e levárono ao hospital, onde se lle apreciaron lesións importantes que requirían unha urxente intervención. Foi chamado o equipo médico de garda e, cando chegou á sala de operación a examinar o rapaz oíuse unha voz: “Non podo operar este neno: é meu fillo!” (ALBERDI ALONSO, INÉS Y MARTÍNEZ TEN, LUZ. 1988. Guía Didáctica para una Orientación no Sexista. Madrid: Ministerio de Educación e Ciencia, tirado dos Materiales didácticos para la coeducación. ¿Qué es... el lenguaje no sexista? de 2003) 

    Se tardaches uns intres en comprender esta historia probablemente necesitas seguir lendo esta guía.
    A nosa proposta circunscríbese exclusivamente ao eido lingüístico e non vai considerar expresións que teñan como problema de orixe unha visión da sociedade desacorde coa vocación igualitaria.

    Frases como

    • A ministra, vestida de verde escuro ou A encantadora tenista (cousificación da muller) 
    • O director xeral, acompañado da alcaldesa… (xerarquización por razón de sexo) 
    • Detrás dun gran home hai unha gran muller (secundarización dun dos sexos) 

    van quedar, neste sentido, fóra da consideración deste documento, malia que a súa redacción transmita unha visión do mundo moi afastada da nosa.

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P