Os Termos esenciais de dereito penal pretenden recoller a terminoloxía básica deste ámbito do dereito, dándolle así continuidade á colección de glosarios especializados que se puxo en marcha na primavera deste ano cos Termos esenciais de dereito constitucional.
Autoría: Miguel Abel Souto, Xusto A. Rodríguez Río
Entidade: Servizo de Normalización Lingüística da USC
Ano: 2011
ISBN: 978-84-9887-872-3
Páxinas: 96
Descárgao aquí
Fonte da descarga: SNL da USCIntrodución
Os Termos esenciais de dereito penal pretenden recoller a terminoloxía básica deste ámbito do dereito, dándolle así continuidade á colección de glosarios especializados que se puxo en marcha na primavera deste ano cos Termos esenciais de dereito constitucional.Esta iniciativa xorde no marco do «Plan para aumentar e mellorar o uso da lingua galega na Facultade de Dereito», un ambicioso programa que contén 42 medidas, artelladas en 8 programas, aprobado a proposta da Comisión de Normalización Lingüística desa Facultade da Universidade de Santiago de Compostela. Dentro do mencionado Plan, a colección de glosarios ten como obxectivo divulgar entre o estudantado e o profesorado a terminoloxía esencial das distintas materias impartidas no centro, para potenciar o emprego da lingua galega, tanto na docencia e investigación como na transferencia e divulgación do coñecemento.
O volume que agora tes nas túas mans toma o Código penal —e especialmente as modificacións introducidas na reforma do 22 de xuño de 2010— como a fonte principal dos conceptos xurídicos que despois se presentan en versión bilingüe. Así por exemplo, recolléronse literalmente as novas figuras delituosas incorporadas a ese texto legal, o que explica a existencia de denominacións que poden parecer longas para o que é habitual nun glosario terminolóxico. E foi tamén o afán por respectar as rúbricas literais do Texto punitivo, e os usos máis habituais no ámbito do dereito penal, o que xustifica que determinadas entradas se presenten en plural.
0 comentarios:
Enviar um comentário