• para compartires e descargares!

    Unha outra guía de intervención lingüística



    Volume que recolle os traballos e relatorios do Curso de Verán do SNL da UDC de 2011, para alén doutras publicacións relacionadas coa dinamización e a intervención lingüística.

    Autoría: Servizo de Normalización Lingüística da UDC
    Ano: 2012
    ISBN: 978-84-9749-502-8
    Páxinas:198

    Descárgao aquí >

    Fonte da descarga: Servizo de Normalización Lingüística da UDC


    Índice
    Nel Vidal Barral: Unha guía de estilo para a política lingüística. É posíbel?

    Fermín Bouza: Factores sociolóxicas e psico-cognitivos (frames ou encadres) que han ter que ver coa situación do galego a día de hoxe

    Iván Méndez López: Queremos galego ou impoñemos galego? Breve panorámica verbo dos marcos e discurso (erróneos?) sobre a lingua galega

    María Pilar García Negro: A lingua da crise, a crise da lingua

    Valentim Rodriguex Fagim: O português simples (Ops!): socializando a estratégia luso-brasileira para o galego

    Gemma Sanginés: Taller d’espai lingüístic personal

    Xaime Subiela: A procura da participación na planificación da política lingüística realizada desde as institucións

    Isabel Vaquero Quintela: A dinamización lingüística a través das comisións de normalización: a experiencia da USC

    Nuria Seoane Bouzas: O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña

    Beatriz Bascoi Maceiras: O contexto sociolingüístico da cidade de Ferrol. A experiencia en normalización lingüística nos concellos

    José María Sánchez Carrión (Txeptx): (Re)pensar o discurso
    David Cobas Medín: Proposta de funcionamento das comisións de normalización lingüística

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P