• para compartires e descargares!

    Plan de política lingüística da Universidade de Vigo





    Descárgao aquí



    Fonte da descarga: Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega


    A Comisión de goberno decidiu crear en novembro de 2003 unha comisión que elaborase e presentase para a súa aprobación un plan de política lingüística1. Durante estes meses levouse a cabo un labor intenso de traballo que conduciu á redacción dun proxecto de plan, á súa exposición pública ante a comunidade universitaria, proxecto que agora transmitimos para que sexa valorado e aprobado polo Consello de goberno.

    O traballo da comisión consistiu, en primeiro lugar, en avaliar a situación sociolingüística e institucional das linguas na Universidade de Vigo. Partimos dos referentes legais e estatutarios relevantes: a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía da Comunidade autónoma de Galicia de 1981, a Lei de normalización lingüística de 1983, e os Estatutos da Universidade de Vigo de 2003.

    Froito dese proceso de revisión legal e de avaliación da situación sociolingüística redactouse un documento de diagnóstico, que constituíu o punto de partida para tratar a segunda parte do plan. En segundo lugar, redactáronse diferentes borradores coas liñas de traballo, os obxectivos xerais, os obxectivos sectoriais e as medidas do plan.

    Nesta segunda fase na elaboración do plan consideramos a concreción de distintos obxectivos xerais, e con esa finalidade definimos liñas de traballo que se converteron en programas de política lingüística. Ao final presentamos seis programas, e dentro de cada un defininimos un conxunto de obxectivos propios do programa e obxectivos sectoriais. Finalmente, en cada obxectivo sectorial, concretamos un conxunto de medidas que coidamos plausibles para a consecuención do obxectivo correspondente.

    Para a elaboración do plan, a comisión tentou en todo momento facer partícipe á comunidade universitaria do mesmo proceso de redacción que se estaba a producir na comisión. Para favorecer esa participación deseñouse un sitio web dedicado especificamente ao plan (www.politicalinguistica. uvigo.es) e un enderezo de correo electrónico de contacto (planpl@uvigo.es). Ademais, utilizouse a lista de correo ‘Comunidade’ para a comunicación coa comunidade universitaria. Unha vez que se redactaron os documentos de diagnóstico e de medidas, abriuse un prazo para que toda a comunidade universitaria fixese chegar á comisión as súas observacións (comentarios, emendas, suxestións, etc.), observacións que foron consideradas pola comisión.

    0 comentarios:

    Enviar um comentário

     

    Sobre min

    Ola! Aínda que pareza mentira, esta cousa se lle ocorreu a alguén e ese alguén fun eu, o @echeoqhai de Twitter, aínda que na casa me coñecen por Iván.

    Serei breve: son licenciado en Filoloxía Galega, traballei no SNL e na OSL da UDC, e tamén no SNL de Cerceda. Agora ando enredado na internet.

    Na vida pública son aprendiz de gaiteiro de @osvicentes, secretario dos Curriolos, vogal e de Tempo Novo e xogador dos @Fillosdebreogan.

    Cando teño tempo actualizo este blog e, con menos frecuencia, un outro que tenta ser serio e outro máis que non o é.

    Como comprenderás con esta actividade, son solteiro sen cargas familiares :P