- Autoría: Xusto A. Rodríguez Río (coordinador)
- Entidade: Servizo de Normalización Lingüística da USC
- Ano: 2008
- Páxinas: 851
- ISBN: 978-84-9887-028-2
Descárgao aquí
Fonte da descarga: Servizo de Normalización Lingüística da USC
A meta principal deste Vocabulario é facilitar a tarefa de falar ou escribir sobre medicina en galego con calidade e precisión a quen ensina ou se forma nesta ou noutras titulacións da área das ciencias da saúde. Pero agardamos tamén que a súa repercusión reborde o ámbito universitario e chegue ao mundo profesional, xa que esta ferramenta de normativización -cun amplo repertorio de termos médicos en galego - pode contribuír á normalización e aumentar desa forma a presenza do galego na comunicación sanitaria.
Sabemos ben que unha iniciativa coma esta non é máis ca un pequeno chanzo no camiño dun obxectivo tan ambicioso e, sendo conscientes de que seguiremos atopando prexuízos e obstáculos en contra do galego, tan difíciles de mudar coma de xustificar, traballamos e seguiremos traballando por un galego normativizado e normalizado, un galego culto e de calidade, que irá ocupando o lugar que lle corresponde dentro do ámbito científico en Galicia.
0 comentarios:
Enviar um comentário